Guías

Conecta Nubbo con Slack

Engade Nubbo ao Slack do teu equipo, leva os avisos a cada canle e fala con Nubbo AI sen saír de Slack.

Con Nubbo en Slack, o teu equipo recibe os seus avisos nas canles que escollas e pode buscar ficheiros e falar con Nubbo AI sen cambiar de app.

Que consegues

  • Os avisos do equipo en cada canle, cun resumo diario, semanal ou mensual.
  • Nubbo AI en mensaxes directas e mencións. Antes de cambiar algo, pídeche que confirmes.
  • O comando /nubbo para buscar ficheiros, crear ligazóns e ver a actividade desde calquera canle.

Antes de comezar

Necesitas un equipo de Nubbo co plan Equipos e un espazo de traballo de Slack. O propietario ou un administrador do equipo engaden Nubbo a Slack. Para usalo, cada persoa conecta a súa conta de Slack co mesmo correo que usa en Nubbo.

Paso 1: conecta o Slack do equipo

  1. En Nubbo, abre Equipo › Integracións e, en Slack, preme Engadir a Slack.

    Tarxeta de Slack en Equipo › Integracións co botón Engadir a Slack Tarxeta de Slack en Equipo › Integracións co botón Engadir a Slack
  2. Slack móstrache os permisos que pide Nubbo. Revísaos e acepta. Volves a Nubbo con Slack conectado.

    Pantalla de Slack cos permisos da app Nubbo Pantalla de Slack cos permisos da app Nubbo

Paso 2: escolle as canles

  1. En Slack, escribe /invite @Nubbo na canle que queiras usar. Só aparecen as canles nas que está Nubbo.

  2. En Equipo › Integracións, en Canles, preme Conectar canle.

  3. Escolle a canle, Que cobre (todo o equipo, un proxecto ou un bucket), os Avisos que queres e o Resumo, e preme Conectar canle. Todas as persoas da canle verán os seus avisos.

    Xanela Conectar canle cos avisos e o resumo Xanela Conectar canle cos avisos e o resumo

Paso 3: conecta a túa conta

  1. En Slack, escribe /nubbo connect. Nubbo respóndeche cun botón para conectar a túa conta.

  2. Ábrese Nubbo con Conectar a túa conta de Slack. Preme Conectar e volve a Slack.

    Pantalla Conectar a túa conta de Slack en Nubbo Pantalla Conectar a túa conta de Slack en Nubbo

Paso 4: úsao en Slack

Os avisos chegan sós a cada canle conectada, como os ficheiros novos nun buzón.

Aviso de Nubbo nunha canle de Slack con ficheiros novos nun buzón Aviso de Nubbo nunha canle de Slack con ficheiros novos nun buzón

Para falar con Nubbo AI, escríbelle por mensaxe directa ou menciona @Nubbo nunha canle. Respóndeche en privado e, se queres, podes publicar a resposta na canle. Cando che propón un cambio, preme Confirmar para facelo. Se un cambio só se pode confirmar en Nubbo, verás o botón Confirmar en Nubbo.

Nubbo AI propón crear unha ligazón compartida cos botóns Confirmar e Cancelar Nubbo AI propón crear unha ligazón compartida cos botóns Confirmar e Cancelar
Nubbo AI confirma a ligazón creada en Slack Nubbo AI confirma a ligazón creada en Slack

Os comandos son atallos sen IA e só ti ves as respostas:

  • /nubbo buscar factura marzo busca ficheiros e cartafoles polo seu nome.
  • /nubbo ligazón orzamento 2027.pdf lévate ao ficheiro en Nubbo ou crea unha ligazón para compartilo.
  • /nubbo actividade mostra o último que pasou nos teus ficheiros.
  • /nubbo informe semana dá as cifras dos últimos 7 días (mes para os últimos 30).
  • /nubbo axuda mostra a axuda.

Se algo falla

Que pasaQue facer
Non ves o botón Engadir a SlackSó o ven o propietario e os administradores do equipo.
A canle non aparece ao conectalaEscribe /invite @Nubbo nesa canle e volve probar.
«Esta ligazón caducou.»Escribe /nubbo connect en Slack para pedir outra.
Nubbo non conecta a túa contaA túa conta de Slack e a túa conta de Nubbo teñen que usar o mesmo correo.

Máis sobre Nubbo para Slack.

Preguntas frecuentes

Quen pode engadir Nubbo a Slack?

O propietario ou un administrador do equipo. Despois, cada persoa conecta a súa propia conta de Slack.

Quen ve os avisos dunha canle?

Todas as persoas da canle, aínda que non estean no equipo. As respostas de Nubbo AI e de /nubbo só as ves ti, salvo que as publiques na canle.

Gasta créditos de IA?

Nubbo AI usa os créditos do equipo e o teu permiso de IA. Os comandos /nubbo non usan IA nin créditos.

Por que non podo conectar a miña conta?

A túa conta de Slack ten que usar o mesmo correo ca túa conta de Nubbo. Se non coinciden, Nubbo non a conecta.

Fontes

Pasos comprobados con estas páxinas.